BASES DA PROMOCIÓN
GADISA RETAIL, S.L.U., con enderezo social no Polígono de Piadela s/n de Betanzos, A Coruña, 15.300, levará a cabo un concurso chamado “Test de Festivalidade” a través das súas redes sociais oficiais que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases.
1. DURACIÓN E ÁMBITO DE APLICACIÓN
A presente promoción estará vixente desde o día 20 de xuño de 2017 ás 11:00 horas ao 30 de agosto de 2017 ás 23:59 horas.
Estas datas poden verse alteradas por causas que GADISA RETAIL, S.L.U. considere necesarias.
Esta promoción ten ámbito estatal.
2. REQUISITOS E MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN
Poderán participar na promoción todas as persoas físicas maiores de 18 anos con residencia en España. Se participan desde redes, terán que ser seguidores do perfil oficial de Facebook, Twitter ou Instagram de Gadis, segundo a plataforma desde a que participen, e contar cun perfil de usuario real (non válido "contas concurso"). Este extremo poderá comprobarse polos medios que a citada plataforma social facilite e, no caso de que por axustes de privacidade ou da propia plataforma non poida comprobarse, darase por válido.
O usuario participará a través dunha aplicación creada para ese efecto completando o formulario de participación e respondendo as preguntas do concurso. O usuario poderá participar coa súa conta de Facebook, Twitter, Instagram ou correo electrónico.
3. SORTEO E PREMIOS
Os gañadores serán escollidos, por un xurado designado por Gadis a tal efecto, en base a orixinalidade e adecuación ao concurso da última pregunta do formulario. Os premios son entradas dobres para os seguintes festivais:
Atlantic Fest (Illa de Arousa) 30 xuño, 1 e 2 xullo 2017
Portamérica (Caldas de Reis) 13,14 e 15 xullo 2017
Son Rías Baixas (Bueu) 3 - 5 agosto 2017
Castelo Rock 4 - 5 de agosto 2017
Osa do Mar (Burela) 18 e 19 de agosto 2017
Revenidas (Vilaxoán) 18 ao 20 agosto 2017
Festival de la Luz (Boimorto) 8 e 10 setembro 2017
Os gañadores escolleranse por fases, sendo as seguintes:
FASE 1 (20 xuño ao 22 de xuño): 3 (tres) packs de 2 (dúas) entradas para Atlantic Fest
FASE 2 (23 xuño ao 6 de xullo): 3 (tres) packs de 2 (dúas) entradas para o Portamérica
FASE 3 (7 xullo ao 20 xullo): 3 (tres) packs de 2 (dúas) entradas para o Son Rías Baixas
FASE 4 (21 xullo ao 27 de xullo): 3 (tres) packs de 2 (dúas) entradas para o Castelo Rock
FASE 5 (28 xullo ao 2 agosto): 3 (tres) packs de 2 (dúas) entradas para o Osa do Mar
FASE 6 (3 agosto ao 10 agosto): 3 (tres) packs de 2 (dúas) entradas para o Revenidas
FASE 7 (11 agosto ao 30 agosto): 6 (seis) packs de 2 (dúas) entradas para o Festival de la Luz
Os premios son persoais e intransferibles, non poderán trocarse polo seu valor en metálico nin por outro produto ou servizo distinto.
Por causa de forza maior, como a cancelación dun festival, ou a discreción de Gadisa Retail SLU, as entradas poderán ser substituídas por entradas doutro festival diferente.
4. COMUNICACIÓN DO GAÑADOR, RECLAMACIÓN E ENTREGA DO PREMIO
A comunicación do/s gañador/es realizarase mediante un ou ambos dos seguintes métodos:
- unha nota na páxina de Facebook de Gadis, que se irá actualizando
- un correo electrónico á dirección que o usuario facilite no formulario de participación.
Os gañadores consenten que o seu nome apareza publicado por Gadis nos medios que estime con motivo deste concurso.
Os gañadores teñen tres (3) días naturais para reclamar o seu premio a contar desde a comunicación do premio.
Esta reclamación realizarase enviando un correo electrónico a rrss@gadisa.es cos datos persoais, de contacto, DNI e o supermercado Gadis onde se queira recoller o premio, así como a aceptación do mesmo.
Se transcorrido o prazo indicado para reclamar o premio, os gañadores non cumpriron as bases ou non exerceron o seu dereito con Gadis en tempo e forma, o premio quedará deserto.
En caso de renuncia, imposibilidade de localización ou cando o gañador ou gañadores do premio non cumpran os requisitos de participación, o premio quedará deserto.
A entrega do premio realizarase no supermercado Gadis que indique o gañador ao reclamar o premio.
Os gañadores comprométense formalmente a enviar a Gadis unha imaxe do goce do seu premio para que esta imaxe poida ser utilizada por Gadis para promover os seus concursos en redes sociais. Os usuarios que gañen o seu premio a través da plataforma Twitter ou Instagram deberán subir a fotografía a esta rede social, mencionando e etiquetando aos perfís oficiais de Gadis, así como usando a etiqueta #GadisMusica.
5. CONDICIÓNS DE CARÁCTER XERAL
GADISA RETAIL, S.L.U. resérvase o dereito de non admitir ou excluír aos participantes ou gañadores da presente promoción, que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no caso de que os devanditos erros ou falsidades impidan a identificación dos gañadores do premio.
GADISA RETAIL, S.L.U. non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento xeral da presente promoción ou que sucedan durante o tempo establecido para o gozar do premio.
6. DESVINCULACIÓN DE FACEBOOK, TWITTER E INSTAGRAM
As plataformas Facebook, Twitter e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo ningún esta promoción, nin están asociadas a ela. O usuario é consciente de que está a proporcionar a súa información á empresa GADISA RETAIL, S.L.U. e non a Facebook, Twitter ou Instagram. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación do concursante e comunicarlle o premio, pasando a formar parte esta con posterioridade da base de datos da empresa para futuras accións comerciais.
7. ACEPTACIÓN DAS BASES
A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia disto, GADISA RETAIL, S.L.U. quedará liberado do cumprimento da obrigación contraída co participante.
8. DATOS PERSOAIS
Informámolo de que os datos de carácter persoal que vostede nos proporcione, incluso os datos que vostede nos autorice para ser compartidos por Facebook, Instagram ou Twitter con ocasión da participación na presente promoción formarán parte do ficheiro "PROMOCIÓNS E CONCURSOS EN LIÑA" titularidade de GADISA RETAIL, S.L.U. e serán tratados coa finalidade de xestionar o desenvolvemento da presente promoción, a entrega dos premios obtidos, así como con fins históricos e estatísticos e/ou para remitirlle información e publicidade que poida ser do seu interese sobre os produtos, servizos, promocións e novidades do sector da alimentación, enxoval e fogar correspondentes ao Grupo Gadisa mesmo, se vostede así o indica, por vía electrónica.
Informámolo de que a entrega de premios realizarase nun Supermercado Gadis, polo que os seus datos poderán ser cedidos temporalmente aos nosos establecementos pertencentes a outras empresas do Grupo Gadisa aos meros efectos da súa identificación e entrega física dos mesmos.
Vostede poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como revogar o consentimento prestado para a recepción de comunicacións comerciais, a través do seguinte enderezo de correo electrónico: publigadis@gadisa.es indicando no asunto "Baixa Accións Promocionais Online".
9. CONTACTO
Para consulta de calquera asunto relativo á promoción, os usuarios poderán contactar a través do email rrss@gadisa.es.
A continuación se exponen las Condiciones Generales del proveedor del servicio (en adelante, el proveedor), propiedad de The Cool Tabs,S.L., con domicilio social en C/ Fernando Poo, 23 Local 2. 28045 Madrid, con Código de Identificación Fiscal número ESB86306719, inscrita en el Registro Mercantil de Madrid - Tomo 29248, Libro 0, Folio 173, Sección 8, Hoja M-526556, inscripción 1. Dichas condiciones tienen por objeto regular el acceso, registro, navegación, utilización y/o uso de Servicios por parte de cualquier usuario registrado o usuario que acepte, use e instale cualquiera de nuestras aplicaciones las cuales deberá ser leídas atentamente.
El acceso, registro, navegación, utilización y/o uso de los Servicios del proveedor implica por su parte la aceptación expresa y sin reservas de todos los términos de las presentes Condiciones Generales de uso de nuestras aplicaciones (en adelante, las Condiciones Generales) teniendo la misma validez y eficacia que cualquier contrato celebrado por escrito y firmado.
El administrador de la promoción (el administrador de la página de facebook donde ser realiza el concurso o la marca que ejecuta el propio concurso, el administrador en adelante) será el único responsable en el proceso de selección del ganador y suplentes. El proveedor dispone de una serie de herramientas para la selección de ganadores y suplentes basados en procesos manuales y aleatorios que están a disposición del adminstrador. En ningún caso el proveedor será responsable del uso que se haga por parte del administrador de estas herramientas para determinar el ganador y los suplentes en las acciones llevadas a cabo o de los defectos en forma o en el proceso de la selección aleatoria de ganadores y/o suplentes.
El administrador es el único responsabe del tratamiento de todos los datos recogidos en la presente campaña y será él mismo el que establezca en todo momento la finalidad del tratamiento de los datos recogidos en la campaña. El proveedor del concurso, actuando como "Encargado del tratamiento" de los datos, tendrá acceso a los datos para ofrecer un correcto servicio, pero no utiliza ninguno de los datos que el usuario proporciona al hacer uso de la promoción, tanto de los datos proporcionados de manera directa como los cedidos por parte de cualquier login social (o cualquier otra red social) al aceptar instalar la aplicación. Estos datos serán propiedad del administrador de la promoción, actuando como 'Responsable de los ficheros', que será el responsable de la gestión y tratamiento de éstos datos. Todos los datos que el usuario facilite de carácter personal, serán guardados y almacenados por el proveedor durante el tiempo de vigencia del concurso, durante el tiempo establecido en el contrato con el administrador o los marcados estrictamente por la ley aplicable. El proveedor garantiza que cualquier trabajador o sub-encargado del tratamiento que pueda tener acceso a los datos, cumplira con todas garantías la confidencialidad de los mismos, puediendo estar establecidas bajo contrato.
Los usuarios deberán contactar directamente con el administrador de la campaña para poder ejecutar sus derechos de acceso, modificación, exportación, portabilidad y eliminación de sus datos, al ser éste el único responsable del tratamiento de los datos
En todo momento, los datos recogidos por nuestras aplicaciones, vienen especificados a la hora de instalar la aplicación en el cuadro de dialogo de facebook o de cualquier otra red social. Estos datos pueden ser (dependiendo de la aplicación o acción llevada a cabo):
Todos los datos de carácter personal o no, proporcionados haciendo uso de cualquiera de nuestras aplicaciones, son responsabilidad del administrador de la promoción. Éste debe indicar el uso que va a realizar de todos los datos recogidos en las condiciones del servicio o bases legales establecidas y personalizas en cada promoción, las cuales deben ser siempre aceptadas junto con las presentes condiciones del servicio.
El proveedor del servicio no es responsable de ninguno de los premios o condiciones ofertadas para los ganadores de las promociones realizadas con nuestra plataforma.
El proveedor del servicio se reserva el derecho de cancelar, eliminar o anular cualquier promoción previa comunicación electrónica al administrador de la promoción.