CELTA-B-CORUXO-AGOTADO
Celta b

Celta B – Coruxo FC: as solicitudes de abonados para asistir superan o número de entradas dispoñibles

RC Celta

Gran resposta do celtismo, unha vez máis, para apoiar ao filial do RC Celta en Barreiro. O club abriu nas últimas horas un rexistro para que os abonados celestes na tempada 20/21 solicitasen, en exclusiva, unha das 300 entradas dispoñibles para o partido deste domingo. As solicitudes superaron ás prazas dispoñibles e o proceso de rexistro concluiu. O club contactará directamente a aqueles abonados que solicitaron entrada para o encontro e que finalmente a obteñan para xestionar o acceso ao campo.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas