Bases do Concurso
FICBUEU20
1.- ORGANIZADOR E OBXECTO DA PROMOCIÓN:
R CABLE E TELECOMUNICACIÓNS GALICIA, S. A. U., (en diante, R), domiciliada na Coruña, na Rúa Real, 85, e con número de identificación fiscal A15474281, realizará unha promoción na que poderán participar os clientes que sexan seguidores de R na rede social na que participen. Ademais, deben cubrir o formulario de participación.
2.- ÁMBITO TERRITORIAL E PERSOAL: O ámbito territorial da promoción comprende España. Poderán participar na promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos, que sexan clientes de R con servizos activos durante o período en que estea activa esta promoción e até a entrega do premio, e que se atopen ao corrente do pagamento con R .
3.- DURACIÓN: A promoción comezará ás 10:00 horas do 31 de agosto de 2020 e rematará o 6 de setembro ás 23:59 horas. En ningún caso poderán participar formulario recibidos antes ou despois do período indicado. Por causas de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, R poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada desta promoción.
4.- FORMA DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN: Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que sexan clientes de R , con residencia en España, que cumpran os seguintes requisitos:
1.- Seguir a R na rede social na que participen
2.- Mencionar unha persoa coa que asistirían
3.- Non poderán participar na presente promoción os empregados de R, nin das súas filiais nin de empresas participadas por estas, nin colaboradores beneficiados dunha promoción especial ou que colaboren nesta promoción, nin familiares dos anteriores dentro do primeiro grao de parentesco. A elección dos gañadores realizarase por decisión do xurado por concurso de méritos.
5.- PREMIO DA PROMOCIÓN:
5 entradas dobres para o día 12 de setembro ás 22:15
6.- GAÑADORES DA PROMOCIÓN: O luns 7 de setembro reunirase un xurado composto por 2 empregados do Grupo Euskaltel, que escollerán as respostas de entre os participantes que cumpran os requisitos establecidos anteriormente. Na mesma data escollerase 10 suplentes ao total.
7.- ENTREGA DO PREMIO: Unha vez comprobado que se cumpren os requisitos establecidos nestas bases legais e reunido o xurado, publicaranse os nomes dos gañadores nas redes sociais de R. No suposto de que algún dos gañadores non puidese gozar do premio, contactarase co primeiro das 10 reservas. Se ningún dos premiados nin ningunha das reservas puidese ser contactado ou, unha vez contactados, renunciasen ao premio, o concurso quedará deserto. En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico, nin poderá cederse a outra persoa distinta do gañador. R reserva o dereito de que o premio quede deserto, no caso de que nin os participantes agraciados nin ningún dos suplentes cumpran os requisitos citados nestas bases.
8.- CARÁCTER GRATUÍTO DA PROMOCIÓN: A PROMOCIÓN é gratuíta e non implica por si mesma pagamento adicional algún pola obtención dos premios. Os custos das chamadas, mensaxes telefónicas, correo electrónico, faxes ou calquera outra comunicación que deban realizar os participantes que se detallan no apartado de mecánica do sorteo serán da súa conta.
9.- CONDICIÓNS E RESERVAS: A comunicación dos datos persoais por parte dos gañadores é requisito obrigatorio para que poidan recibir o premio obtido como participantes lexitimamente admitidos na promoción. De resultar agraciada algunha persoa que non cumpra estes requisitos, a súa participación resultará automaticamente excluída. R descartará aquelas participacións que sexan abusivas ou fraudulentas e non se fai responsable da veracidade dos datos facilitados polos participantes. Este sorteo organízase coa pretensión de incentivar e fomentar a participación de todos os consumidores, premiando a fidelidade en condicións de igualdade e con estrito respecto ao principio xeral da boa fe. Por ese motivo, R excluirá automática e inmediatamente deste a calquera participante que transgrida as normas da boa fe, observe unha conduta fraudulenta ou inadecuada, empregue medios capciosos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos; para o caso de que as irregularidades ou condutas descritas anteriormente se detecten con posterioridade á entrega efectiva dalgún dos premios, R reserva para si o dereito de exercitar as accións legais pertinentes contra o seu autor ou responsable, entre outras, as tendentes á devolución dos premios. Os premios da promoción non se poderán substituír por outros a petición dos gañadores, nin poderán ser trocados polo seu valor en metálico. R reserva para si o dereito a anular, suspender ou modificar a promoción, se por causas técnicas ou de calquera outra índole allea á vontade dela, non puidese cumprir co normal desenvolvemento da promoción, segundo o estipulado nas presentes bases. No que non estea previsto nestas bases, que se interpretarán en conxunto, rexerá a normativa legal dispositiva que sexa de aplicación, integrándose os baleiros ou dúbidas conforme á boa fe, usos comerciais e técnicos que resulten axeitados, e principios xerais do Dereito. R só aceptará a candidatura ao concurso se o participante non gozou dun premio concedido por R no mesmo ano natural.
10.- ACEPTACIÓN DAS BASES: O simple feito de cubrir o formulario nas condicións indicadas neste documento supón que os participantes aceptan integramente as bases da promoción, aceptándose igualmente o criterio de R en canto á resolución de calquera cuestión derivada do desenvolvemento da campaña «monólogos R». A non aceptación das Bases implica a exclusión do usuario da participación na promoción. R reserva para si o dereito a efectuar calquera cambio, aclaración ou rectificación das Bases desta promoción, así como a suspendela ou a ampliala no momento en que o considere oportuno.
11.- LITIXIOS: O presente sorteo réxese e sométese na súa totalidade á lexislación española. Para resolver calquera controversia ou reclamación derivada do cumprimento, incumprimento ou interpretación do presente contrato, poderá acudirse aos tribunais españois; concretamente, as partes, con renuncia expresa a calquera outro Foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da Coruña. Exclúese expresamente o sometemento ao Sistema Arbitral de Consumo para resolver calquera cuestión derivada do presente contrato.