No hay campañas activas en este momento
Crea tus campañas con Cool Tabs
Gestiona tus campañas de marketing en Facebook, Twitter e Instagram con la plataforma más sencilla que jamás hayas visto
1.- ORGANIZADOR E OBXECTO DA PROMOCIÓN:
FEIRACO LÁCTEOS, S.L., (en adiante FEIRACO), domiciliada en Ames (A Coruña), en Ponte Maceira-Agron s/n, e con número de identificación fiscal B-15996929, co fin de promover o coñecemento, o uso e a divulgación do idioma galego, realizará, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, unha promoción de ámbito autonómico na que poderán participar os/as fans de FEIRACO rexistrados como tal na rede social FACEBOOK.
2.- ÁMBITO TERRITORIAL E PERSOAL:
O ámbito territorial da promoción comprende a Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán participar na promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos, con residencia en Galicia, que cumpran os requisitos seguintes: estar rexistrado como fan de FEIRACO na rede social Facebook e facer constar de forma expresa a súa vontade de participar na súa condición de fan da devandita entidade con suxeición ás condicións que se indicarán seguidamente no epígrafe 6 "participación e mecánica da promoción".
3.- DURACIÓN:
O concurso desenvolverase do venres 6 de maio ao martes 17 de maio de 2016, ambos os dous inclusive.
Por causa de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, FEIRACO poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada desta promoción sin que os participantes poidan efectuar reclamación algunha.
4.- CARÁCTER GRATUÍTO DA PROMOCIÓN:
A PROMOCIÓN é gratuíta e non implica en si mesma un pagamento adicional algún pola obtención dos premios. Os custos das chamadas, mensaxes telefónicas, correo electrónico, fax ou calquera outra comunicación que deban realizar as persoas participantes que se detallan no apartado de mecánica da promoción serán da súa conta.
5.- PREMIO DA PROMOCIÓN:
Na presente promoción un xurado de Feiraco elixirá 4 gañadores que recibirán os seguintes premios:
Primeiro gañador:
Segundo, terceiro e cuarto gañadores, cada un de eles:
6.- FORMA DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN:
Optarán ao premio da presente promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos, con residencia na comunidade autónoma de Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:
1.- estar rexistrado como fan de FEIRACO na rede social Facebook;
2.- compartir na aplicación do concurso un microrrelato orixinal, escrito en galego, que comece coa frase do poema de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016: "Levamos toda a nosa vida amando a palabra...", e que teña unha extensión total máxima de 500 caracteres incluídos espazos;
3.- facer constar de forma expresa a súa vontade de participar na súa condición de fan da devandita entidade, comunicando a súa solicitude de participación durante os días sinalados no punto 3 destas bases legais, rexistrándose na forma indicada na aplicación do concurso na páxina de fans de FEIRACO indicando os seguintes datos:
• nome e apelidos
• enderezo electrónico de contacto e teléfono
• cidade
As inscricións que estean debidamente cubertas serán numeradas por orde de recepción.
Todos os participantes deberán compartir na pestana da aplicación do concurso da páxina de FEIRACO en Facebook un microrrelato de 500 carácteres incluídos espazos como máximo, orixinal do autor, escrito en galego e que inclúa como primeira frase "Levamos toda a nosa vida amando a palabra...".
Consideraranse nulas, para os efectos da súa participación, aquelas inscricións que non faciliten a totalidade dos datos persoais requiridos. Os datos persoais facilitados deberán ser veraces; en caso de falsidade, erro ou inexactitude, as persoas solicitantes consideraranse automaticamente non admitidas na promoción.
Feiraco poderá instar a exclusión da promoción todos aqueles microrrelatos inapropiados, inadecuados que incumpran o establecido nas presentes bases, que puidesen atentar á dignidade das persoas ou que vulneren os valores e dereitos recoñecidos na Constitución.
Así mesmo quedarán excluídos da promoción todos os relatos que non cumpran algún dos requisitos recollidos nas presentes bases: extensión máxima de 500 carácteres incluídos espazos, estar escritos en lingua galega, ser un relato orixinal do autor participante, comezar coa frase introdutoria establecida por FEIRACO.
7.- ENTREGA DO PREMIO:
Un xurado de FEIRACO SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA será o encargado de seleccionar os 4 microrrelatos gañadores (primeiro, segundo, terceiro e cuarto premio). O xurado valorará os textos presentados de acordo a tres criterios. Cada un destes criterios recibirá unha puntuación por separado de 1 a 10 puntos, sendo 10 o máximo de puntuación obtida en cada caso. A puntuación final de cada microrrelato realizarase a partir do sumatorio das valoracións do xurado aplicando a seguinte proporcionalidade:
A decisión do xurado será inapelabel.
Nos quince días seguintes ao peche do concurso (17 de maio de 2016), daranse a coñecer os 4 microrrelatos gañadores na páxina de fans de FEIRACO en Facebook: Facebook.com/feiracolacteos.
Contactarase cos 4 gañadores do Concurso para a aceptación do premio, vía telefónica ou por correo electrónico, e deberán facilitar á Compañía copia do seu D.N.I. e confirmar, o seu domicilio actual, e a aceptación do premio, para a súa remisión.
En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico nin poderá cederse a outra persoa distinta do gañador.
FEIRACO resérvase o dereito de que o premio quede deserto, no caso de que nin os participantes nin ningún dos suplentes cumpran os requisitos citados nestas bases.
Terán a condición de suplente os participantes clasificados inmediatamente posterior a algún agraciado por orde de puntuación.
Os premios serán remitidos por correo certificado nun prazo de 30 días laborables dende a aceptación do mesmo.
8.- CONDICIÓNS E RESERVAS:
A comunicación dos datos persoais por parte dos participantes a través da aplicación específica do concurso ou por mensaxe privada ao perfil de FACEBOOK de fans oficial de FEIRACO é requisito obrigatorio para que os gañadores poidan recibir o premio obtido como participantes lexitimamente admitidos ao concurso, así como a súa maioría de idade. De resultar agraciada algunha persoa que non cumpra estes requisitos, a súa participación resultará automaticamente excluída e o premio outorgaráselle ao/á inmediato/a suplente.
FEIRACO descartará aquelas participacións que sexan abusivas ou fraudulentas e non se fai responsable da veracidade dos datos facilitados polos participantes. Este concurso organízase coa pretensión de incentivar e fomentar a participación de todos os consumidores, premiando a fidelidade en condicións de igualdade e con estrito respecto ao principio xeral da Boa Fe. Por ese motivo, FEIRACO excluirá automática e inmediatamente del a calquera participante que transgrida as normas da boa fe, observe unha conduta mendaz ou inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas bases en calquera dos seus extremos, en caso de que as irregularidades, ou calquera outras, se detecten con posterioridade á entrega efectiva dalgún dos premios, FEIRACO resérvase o dereito de exercitar as accións legais pertinentes contra o seu autor ou responsable, entre outras, as tendentes á devolución dos premios.
Os premios da promoción non se poderán substituír por outros a petición do gañador, nin poderán ser cambiados polo seu valor en metálico. FEIRACO resérvase, en calquera caso, o dereito a mudar os elementos da promoción por outros de igual ou superior valor cando concorra xusta causa, e ademais, tamén, resérvase o dereito a anular, suspender ou modificar a promoción se por causas técnicas ou de calquera outra índole allea á vontade desta, esta non puidese cumprir co normal desenvolvemento da promoción, segundo o estipulado nas presentes bases.
O non previsto nestas bases, que se interpretarán en conxunto, rexerá a normativa legal disposta que sexa de aplicación, integrándose os baleiros ou dúbidas conforme á boa fe, usos comerciais e técnicos que resulten axeitados, e principios xerais do Dereito.
9.- TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS:
Os datos de carácter persoal que faciliten as persoas participantes neste concurso serán tratados dando estrito cumprimento ao establecido na Lei Orgánica, 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de datos de carácter persoal, e no Real Decreto 1720/2007, do 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento dela.
A persoa participante coñece e consente que os seus datos persoais sexan incluídos nun Ficheiro titularidade de FEIRACO SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA, con domicilio en Ponte Maceira-Agron s/n, e con número de identificación fiscal F- 15016124, quen os usará e tratará sen que xere ningún tipo de remuneración, conforme ao previsto na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, coa finalidade de enviar información por calquera medio (correo electrónico, sms..) acerca da presente ou ulteriores accións promocionais, así como de calquera dos produtos e marcas distribuídos por FEIRACO.
Non obstante, este dereito poderá ser revogado no momento en que o participante estime oportuno. FEIRACO SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA garante os seus dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación. Para exercer estes, o participante terá que dirixirse a Ponte Maceira-Agron s/n, Ames (A Coruña), identificándose de forma fidedigna mediante aportación de fotocopia do DNI, para verificar a súa identidade e non poñer en risco a súa privacidade e confidencialidade.
A persoa participante consente que os datos incluídos na inscrición poidan ser cedidos a empresas do GRUPO FEIRACO (FEIRACO LÁCTEOS, S.L., FEIRACO PENSOS, S.L.U.). A excepción destes supostos, os seus datos non serán cedidos a ningún terceiro; esta información soamente será tratada polas sociedades do GRUPO FEIRACO para atender á súa consulta e para a prospección e publicidade dos seus servizos. Non obstante, en calquera momento pode revogar este consentimento.
10.- PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL:
A persoa participante declara e garante ser a autora, a titular ou dispoñer ao seu favor dos dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre o microrrelato que comparte na pestana do concurso.
A persoa participante, ou quen a represente legalmente nos casos en que proceda, autoriza a FEIRACO á publicación do microrrelato na páxina de Facebook, na páxina web corporativa de Feiraco, no blog corporativo de Feiraco ou por calquera outro medio que decida FEIRACO LÁCTEOS sin que poida opoñerse en ningún termo nin poida reclamar beneficio de calquer tipo por tal feito.
No caso de que FEIRACO decida imprimir pola sua conta, ou en colaboración con calquer Organismo ou Editorial, unha obra recopilatoria de todos ou alguns dos microrrelatos, o autor rexeita e cede a FEIRACO calquer tipo de dereito ou beneficio sobre tal obra. Neste caso, FEIRACO, simplemente nomeará a cada un dos autores que inclúe na mesma.
FEIRACO non se responsabiliza do contido, veracidade da autoria do microrrelato enviado nin dos comentarios verquidos nel polas persoas autoras ou usuarias.
11.- ACEPTACIÓN DAS BASES:
A remisión da solicitude de participación na promoción implica a aceptación da totalidade das presentes bases polas persoas interesadas.
12.- LITIXIOS:
A lexislación aplicable ás presentes bases é a española. Os participantes, con renuncia expresa de calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela. Aos efectos de calquera notificación ou requirimento que resulte necesario efectuar por calquera causa relacionada ou derivada do presente sorteo, entenderase designado como domicilío destes os que consten salientados na comunicación da participación na presente promoción.
A continuación se exponen las Condiciones Generales del proveedor del servicio (en adelante, el proveedor), propiedad de The Cool Tabs,S.L., con domicilio social en C/ Fernando Poo, 23 Local 2. 28045 Madrid, con Código de Identificación Fiscal número ESB86306719, inscrita en el Registro Mercantil de Madrid - Tomo 29248, Libro 0, Folio 173, Sección 8, Hoja M-526556, inscripción 1. Dichas condiciones tienen por objeto regular el acceso, registro, navegación, utilización y/o uso de Servicios por parte de cualquier usuario registrado o usuario que acepte, use e instale cualquiera de nuestras aplicaciones las cuales deberá ser leídas atentamente.
El acceso, registro, navegación, utilización y/o uso de los Servicios del proveedor implica por su parte la aceptación expresa y sin reservas de todos los términos de las presentes Condiciones Generales de uso de nuestras aplicaciones (en adelante, las Condiciones Generales) teniendo la misma validez y eficacia que cualquier contrato celebrado por escrito y firmado.
El administrador de la promoción (el administrador de la página de facebook donde ser realiza el concurso o la marca que ejecuta el propio concurso, el administrador en adelante) será el único responsable en el proceso de selección del ganador y suplentes. El proveedor dispone de una serie de herramientas para la selección de ganadores y suplentes basados en procesos manuales y aleatorios que están a disposición del adminstrador. En ningún caso el proveedor será responsable del uso que se haga por parte del administrador de estas herramientas para determinar el ganador y los suplentes en las acciones llevadas a cabo o de los defectos en forma o en el proceso de la selección aleatoria de ganadores y/o suplentes.
El administrador es el único responsabe del tratamiento de todos los datos recogidos en la presente campaña y será él mismo el que establezca en todo momento la finalidad del tratamiento de los datos recogidos en la campaña. El proveedor del concurso, actuando como "Encargado del tratamiento" de los datos, tendrá acceso a los datos para ofrecer un correcto servicio, pero no utiliza ninguno de los datos que el usuario proporciona al hacer uso de la promoción, tanto de los datos proporcionados de manera directa como los cedidos por parte de cualquier login social (o cualquier otra red social) al aceptar instalar la aplicación. Estos datos serán propiedad del administrador de la promoción, actuando como 'Responsable de los ficheros', que será el responsable de la gestión y tratamiento de éstos datos. Todos los datos que el usuario facilite de carácter personal, serán guardados y almacenados por el proveedor durante el tiempo de vigencia del concurso, durante el tiempo establecido en el contrato con el administrador o los marcados estrictamente por la ley aplicable. El proveedor garantiza que cualquier trabajador o sub-encargado del tratamiento que pueda tener acceso a los datos, cumplira con todas garantías la confidencialidad de los mismos, puediendo estar establecidas bajo contrato.
Los usuarios deberán contactar directamente con el administrador de la campaña para poder ejecutar sus derechos de acceso, modificación, exportación, portabilidad y eliminación de sus datos, al ser éste el único responsable del tratamiento de los datos
En todo momento, los datos recogidos por nuestras aplicaciones, vienen especificados a la hora de instalar la aplicación en el cuadro de dialogo de facebook o de cualquier otra red social. Estos datos pueden ser (dependiendo de la aplicación o acción llevada a cabo):
Todos los datos de carácter personal o no, proporcionados haciendo uso de cualquiera de nuestras aplicaciones, son responsabilidad del administrador de la promoción. Éste debe indicar el uso que va a realizar de todos los datos recogidos en las condiciones del servicio o bases legales establecidas y personalizas en cada promoción, las cuales deben ser siempre aceptadas junto con las presentes condiciones del servicio.
El proveedor del servicio no es responsable de ninguno de los premios o condiciones ofertadas para los ganadores de las promociones realizadas con nuestra plataforma.
El proveedor del servicio se reserva el derecho de cancelar, eliminar o anular cualquier promoción previa comunicación electrónica al administrador de la promoción.