No hay campañas activas en este momento

Crea tus campañas con Cool Tabs

Gestiona tus campañas de marketing en Facebook, Twitter e Instagram con la plataforma más sencilla que jamás hayas visto

Ir a Cool Tabs

Bases Legales

1.- COMPAÑÍA ORGANIZADORA

 

GADISA RETAIL, S.L.U., con domicilio social no Polígono de Piadela s/n de Betanzos, A Coruña, 15.300, levará a cabo un concurso no site www.vivamoscomogalegos.com chamado "ENGADE A TÚA DEFINICIÓN DE REPUNANTIÑO" que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases legais.

2. DURACIÓN E ÁMBITO DE APLICACIÓN

O concurso é válido en todo o territorio español. Os premios serán enviados pola empresa Gadisa Retail, SLU ao enderezo do Supermercado GADIS que os gañadores indiquen. A data de comezo do concurso será o 9 de Novembro de 2018 (dende o momento que se publique o site de lanzamento) e finaliza o 29 de Novembro de 2018 ás 23:59 horas.

3. REQUISITOS E MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN

Poderán participar na Promoción todas as persoas físicas maiores de 18 anos con residencia en España e que sexan seguidores do perfil oficial de Facebook, Twitter e/ou Instagram de Vivamos como galegos e que participen cun perfil de usuario real (non son válidas as “contas concurso”).

- Facebook: https://www.facebook.com/VivamosGalegos/ 

- Twitter: https://twitter.com/vivamos_galegos

- Instagram: https://www.instagram.com/vivamos_galegos/

- Rexistro: correo electrónico

O usuario participará cumplimentando o formulario de participación e escribindo a súa definición de Repunantiño a través da aplicación Cool Tabs creada para ese efecto e aloxada no perfil de Facebook de Vivamos como galegos e no site www.vivamoscomogalegos.com. O usuario poderá participar coa súa conta de Facebook, Twitter, Instagram ou correo electrónico. O participante, tamén, deberá compartir a súa definición nalgún dos seus perfis co # iño/iña.  Cada participante poderá participar tan só unha vez en todo o concurso.

A participación no sorteo supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as participacións, de xeito que o participante cede á empresa Gadisa Retail S.L.U todos os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puidesen corresponderlle as participacións enviadas para participar no concurso.

4. SORTEO E PREMIOS

Os participantes entrarán nun sorteo de 100 camisetas coa mensaxe Repunantiño/a. A elección destes 100 gañadores será realizada nun único sorteo.

Os premios serán enviados pola empresa Gadisa Retail SLU ao Supermercado GADIS indicado polo gañador. Tan só se poderá gañar un agasallo por participante. Este sorteo celebrarase o 30 de Novembro de 2018.

Os premios son persoais e intransferibles, non poderán trocarse polo seu valor en metálico nin por outro produto ou servizo distinto. O/os premio/s recolleranse no supermercado Gadis indicado polo/os gañador/es.

Os premios poden sufrir cambios e, no seu defecto, entregaranse outros premios de similar importe. O gañador ten dereito a renunciar ao premio, non obstante, non poderá, en ningún caso, trocalo polo seu valor económico.

5. COMUNICACIÓN DOS GAÑADORES

A comunicación dos gañadores realizarase o día 30 de Novembro de 2018 a través de:

  1. As redes sociais:

- Facebook https://www.facebook.com/VivamosGalegos/ 

- Twitter https://twitter.com/vivamos_galegos

- Instagram https://www.instagram.com/vivamos_galegos/

  1. Unha mensaxe ao correo electrónico que facilitou o participante.

No caso de renuncia, imposibilidade de localización ou cando o gañador ou gañadores do premio non cumpran os requisitos de participación, o premio quedará deserto. Os nomes dos gañadores comunicaranse o día 30 de Novembro de 2018 nos medios indicados anteriormente.

Se algún dos gañadores non responde antes do 7 de Decembro de 2018 o premio quedará deserto, perdendo o gañador o seu dereito a reclamar o premio.

Os gañadores consenten que o seu nome apareza publicado nos medios que GADISA RETAIL S.L.U. estime con motivo deste concurso. Os gañadores comprométense formalmente a enviar unha imaxe do goce do seu premio para que esta imaxe poida ser utilizada para promover os seus concursos en redes sociais. Os usuarios que gañen o seu premio a partir desta acción, deberán subir a fotografía a algunha das plataformas Facebook, Twitter ou Instagram, mencionando e etiquetando aos perfís oficiais de Vivamos como Galegos.

6. ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia disto, o GADISA RETAIL, S.L.U. quedará liberado do cumprimento da obrigación contraída co participante.

7. RESERVAS E LIMITACIÓNS

A empresa Gadisa Retail S.L.U. queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impedise a súa identificación. Igualmente non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos ou calquera outra circunstancia imputable a correos que poidan afectar ao envio dos premios.

A empresa Gadisa Retail S.L.U. resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso.

A empresa Gadisa Retail S.L.U. exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios hubieren podido atribuír a estes, e, en particular, aínda que dun modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.

A empresa Gadisa Retail S.L.U. resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases.

A empresa Gadisa Retail S.L.U. resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.

Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concurriere algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade pólos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o desfrute do premio.

8.- PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto na lexislación de protección de datos, e concretamente no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril, informámoslle de que os datos de carácter persoal que vostede nos proporcione serán tratados por Gadisa Retail S. L. U. coa finalidade de xestionar o desenvolvemento da presente promoción e da entrega dos premios obtidos.

Os devanditos datos serán incorporados ao ficheiro «vivamos como galegos» e serán conservados mentres sexa preciso para atender a súa finalidade ou ata que vostede exercite o seu dereito de cancelación.

Informámoslle que os seus datos poderán ser cedidos temporalmente aos nosos establecementos pertencentes a outras empresas do grupo GADISA para meros efectos de identificación e entrega física dos mesmos. Fora deste suposto, ditos datos non lles serán transferidos a terceiras persoas sen o correspondente consentimento, nin fóra dos casos legalmente previstos. Así mesmo, GADISA RETAIL S. L. U. atópase lexitimada para o citado tratamento polo consentimento prestado por vostede ao aceptar a cláusula de protección de datos habilitada con ese fin.

Pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos dirixíndose a administrador@vivamoscomogalegos.com ref “ENGADE A TÚA DEFINICIÓN DE REPUNANTIÑO”, indicando o dereito a exercitar e achegando fotocopia do seu DNI. Igualmente, ten vostede dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.